Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación impulsa unha degustación de tenreira nos Ancares na celebración do 50 aniversario do programa Mab

Deputación de Lugo

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este sábado na I Xornada de degustación da Tenreira Galega en San Román de Cervantes organizada polo ANPA do CPI Cervantes e a cooperativa A Carqueixa. A cita desenvolveuse no marco do programa de actividades da Deputación de Lugo con motivo do 50 aniversario do programa Home e Biosfera (Mab) da UNESCO, que promove e ampara as Reservas da Biosfera, e contou cunha axuda da institución provincial de 5.600€. No Polideportivo do centro educativo do concello ancarés tivo lugar tamén este sábado a IX Feira de Artesanía, polo que a xornada contou con obradoiros, mostras e diferentes actuacións.