Deputación de Lugo

Lugo lembra ás vítimas dos sinistros de tráfico

DXT
ACCIDENTES DE TRÁFICO
O Deputado de Participación Cidadá sumouse a un minuto de silencio que se gardou este luns diante da Xefatura Provincial de Tráfico

A Deputación de Lugo sumouse este luns a un minuto de silencio en memoria das vítimas dos sinistros de tráfico. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou xunto a outras autoridades da provincia neste acto de lembranza organizado pola Dirección Xeral de Tráfico. 

A concentración, á que tamén se sumaron ducias de veciños, tivo lugar diante da Xefatura Provincial de Tráfico.