Deputación de Lugo
Economía

O Pleno aproba o Plan Único 2022, que está dotado con 21,5M€ e simplifica aos concellos a xestión dos fondos

Deputación de Lugo
plan único
O Presidente da Deputación subliña a importancia de aprobar as bases do programa de investimentos no ano anterior ao seu período de vixencia porque así as entidades locais “poden planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, co que aproveitan mellor os recursos económicos”

“Cada ano melloramos as condicións para que sexa máis útil”, subliñou José Tomé, destacando que no 2022, como novidade, os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios

A Deputación distribúe os recursos do Plan Único entre os 67 concellos da provincia con criterios públicos e obxectivos, como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial

A proposta do Goberno, o Pleno aprobou instar á Xunta a aprobar un Plan Único para concellos e deputacións con criterios obxectivos; garantir que este iguale, polo menos, a porcentaxe orzamentaria que a Deputación dedica á cooperación cos concellos, e presentar cando antes un proxecto de lei de financiamento local acordado coa FEGAMP

O Goberno da Deputación de Lugo sacou adiante no Pleno ordinario celebrado este martes as bases do Plan Único do ano 2022, que está dotado con 21,5M€ e que simplifica aos concellos a xestión dos fondos ao eliminar trámites administrativos intermedios. A proposta foi aprobada cos votos a favor dos grupos do PSdeG e do BNG, e coa abstención do Partido Popular.

O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, subliñou a importancia de dar este paso no ano anterior ao período de vixencia do plan porque así as entidades locais “poden planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, co que aproveitan mellor os recursos económicos”.

José Tomé destacou así mesmo que dende o inicio do mandato “incrementamos a dotación económica do Plan Único de 21 a 21,5M€”, a ferramenta “máis importante que ten a Deputación para a colaboración cos concellos” e, ademais, “cada ano melloramos as condicións para que sexa máis útil”, subliñou o Presidente, destacando neste sentido que no 2022, como novidade, os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios.

Pola súa banda, a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, incidiu en que este programa “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano tratamos de incorporar melloras no Plan Único, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”.

Neste sentido, García Porto afirmou que a simplificación dos trámites administrativos, coa supresión de prazos intermedios, que se aplicará no 2022, “algo moi importante sobre todo para os concellos máis pequenos, que teñen menos recursos humanos e técnicos”, súmase a outras melloras implantadas nos últimos anos, “como o incremento do Plan Único ata acadar os 21,5M€, que mantemos este ano, a apertura dunha liña para que os concellos poidan ofrecer apoio á hostalería, ao turismo e ao comercio, dos sectores máis afectados pola pandemia, ou a posibilidade de imputar gastos con cargo a estes fondos dende principios de ano”.

O Goberno da Deputación prevé que a principios de xaneiro xa se poida abrir o prazo para que os concellos presenten os proxectos que queren desenvolver cos fondos do Plan Único, ao aprobarse as bases esta semana. 

Reparto por criterios obxectivos

No Plan Único do 2022, a Deputación mantén a distribución con criterios públicos e obxectivos dos fondos públicos entre os 67 concellos da provincia, “algo que botamos en falta doutras administracións e que redunda na cohesión social e no equilibrio territorial, e, polo tanto, no beneficio da provincia”, asegurou a Deputada.

A poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística, son os criterios de reparto que se aplican. Ademais, fíxase unha contía máxima de 500.000 e mínima de 200.000€, coa que se blinda o financiamento do concellos máis pequenos.

Distribución dos fondos por concello

 

Distribución dos fondos por concello
CONCELLOS ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN ÚNICO 2022
ABADÍN 337.055,11 €
ALFOZ 274.196,80 €
ANTAS DE ULLA 274.301,59 €
BALEIRA 277.464,84 €
BARALLA 292.595,56 €
BARREIROS 276.404,18 €
BECERREÁ 303.947,87 €
BEGONTE 296.673,21 €
BÓVEDA 246.877,91 €
BURELA 376.404,19 €
CARBALLEDO 316.550,68 €
CASTRO DE REI 395.470,03 €
CASTROVERDE 304.596,43 €
CERVANTES 329.824,00 €
CERVO 297.362,87 €
CORGO (O) 341.414,11 €
COSPEITO 363.065,05 €
CHANTADA 471.849,81 €
FOLGOSO DO COUREL 269.009,93 €
FONSAGRADA (A) 444.285,24 €
FOZ 429.621,41 €
FRIOL 412.703,31 €
GUITIRIZ 446.479,57 €
GUNTÍN 318.059,51 €
O INCIO (0) 289.486,97 €
LÁNCARA 298.607,89 €
LOURENZÁ 252.721,86 €
LUGO 500.000,00 €
MEIRA 224.743,86 €
MONDOÑEDO 309.135,66 €
MONFORTE DE LEMOS 500.000,00 €
MONTERROSO 307.724,16 €
MURAS 284.064,87 €
NAVIA DE SUARNA 306.506,68 €
NEGUEIRA DE MUÑIZ 194.267,77 €
NOGAIS (AS) 243.368,74 €
OUROL 305.960,67 €
OUTEIRO DE REI 359.001,21 €
PALAS DE REI 378.157,78 €
PANTÓN 330.103,55 €
PARADELA 291.020,42 €
PÁRAMO (O) 245.691,31 €
PASTORIZA (A) 327.219,01 €
PEDRAFITA DO CEBREIRO 254.013,46 €
POBRA DO BROLLÓN (A) 283.495,95 €
POL 268.331,14 €
PONTENOVA (A) 274.668,93 €
PORTOMARÍN 263.989,47 €
QUIROGA 351.988,04 €
RÁBADE 195.887,76 €
RIBADEO 450.612,27 €
RIBAS DE SIL 231.114,70 €
RIBEIRA DE PIQUÍN 231.652,20 €
RIOTORTO 238.089,60 €
SAMOS 282.251,29 €
SARRIA 500.000,00 €
SAVIÑAO (O) 383.959,75 €
SOBER 323.730,24 €
TABOADA 329.800,53 €
TRABADA 253.891,01 €
TRIACASTELA 204.414,27 €
VALADOURO (O) 288.261,69 €
VICEDO (O) 258.502,76 €
VILALBA 500.000,00 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XERMADE 308.297,41 €
XOVE 279.051,89 €
TOTAL 21.500.000,00 €