Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa na Exposición Canina de Lugo que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos

exposición canina
pazo de feiras

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este sábado xunto a outras autoridades a Exposición Canina de Lugo que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos lucense. García Capón subliñou a importancia desta cita xa consolidada que atrae a milleiros de participantes e visitantes á provincia de todo o mundo ao tratarse dunha cita con modalidades Nacional e Internacional. 

O evento conta coa 99 Exposición Nacional Canina de Galicia, a 100 Exposición Nacional e a 44 Exposición Internacional. Participan máis de 2.000 cans procedentes de diferentes lugares de España e de países coma Francia, Italia, Portugal e Bélxica.