Deputación de Lugo

O Presidente felicita aos lucenses Chechu Salgado e Zeltia Montes polos premios Goya

Premios Goya
Imaxe deputación de lugo
José Tomé deu os parabéns ao actor e á compositora polos recoñecementos a mellor actor revelación e mellor música orixinal, que dan valor ao cine da provincia de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, felicitou, no seu nome e no da Corporación provincial, ao actor Chechu Salgado e á compositora Zeltia Montes polos seus premios Goya. O intérprete de Sober foi recoñecido como mellor actor revelación polo seu traballo en Las leyes de la frontera, mentres que a compositora natural do Saviñao fíxose co recoñecemento a mellor música orixinal grazas a El buen patrón.

Tomé Roca destacou que se trata dun “recoñecemento aos seus talentos e traballos, que son un orgullo para a nosa provincia. Grazas a persoas como vós, Lugo é unha provincia de cine”. “Estou convencido de que este é só un dos moitos galardóns que recibiredes ao longo dunha carreira profesional que, sen dúbida, estará chea de éxitos”, aplaudiu o mandatario provincial.