Deputación de Lugo
Economía

A Deputación defende as posibilidades laborais das novas tecnoloxías no sector da automoción

automoción

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na conferencia Small Talk: Vehículo conectado e o impacto das novas tecnoloxías no sector de automoción e as súas saídas laborais, organizada pola UNED de Lugo. Rivera Capón defendeu as posibilidades laborais das novas tecnoloxías tanto na automoción como noutros sectores produtivos. De feito, lembrou que a Deputación de Lugo ofrece, a través do programa Reiníciate: Dixitaliza a túa empresa, formación e asesoramento gratuíto ás PEMES e autónomos para que melloren o seu negocio aproveitando as posibilidades que ofrece a dixitalización, e tamén ten en marcha un plan formativo e laboral para a mocidade, o programa Reiníciate: Enfoca o teu futuro, para mellorar as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas da provincia en profesións de alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías.