Novas actividades divulgativas da Deputación nos tres concellos da Reserva dos Ancares Lucenses
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2022-03/tres_bispos_1.jpg)
As inscricións faranse por orde de reserva ata cubrir os límites de aforo. As persoas interesadas poden anotarse desde este luns, 28 de marzo, enviando un correo electrónico a ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.227.813
A Deputación de Lugo lanza unha nova programación de actividades de divulgación e de educación ambiental para o segundo trimestre do ano sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial. As xornadas desenvolveranse os meses de abril, maio e xuño nos concellos que integran esta Reserva: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza desde este mesmo luns, 28 de marzo, a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacion.org. Para obter máis información, poden chamar ao número de teléfono 982.227.812 ou 982.227.813. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo.
Programación
O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe un campamento científico, xogos tradicionais, un curso de cestería, unha saída para identificar árbores autóctonas ou unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo.
Becerreá
- 9 de abril: Xornada viaxeira. Esta actividade está dirixida a público familiar e sairá desde a Casa do Concello de Becerreá ás 11.00 horas, prolongándose ata as 19.00 horas. Hai un total de 75 prazas.
- 27, 28, 29 e 30 de xuño: Campamento científico. Esta é unha actividade infantil que conta con 15 prazas. Desenvolverase no Centro Social da localidade entre as 10.00 e as 14.00 horas.
Navia de Suarna
- 16 de abril: Xogos de agora e de sempre. Esta é unha actividade orientada a nenos e nenas que conta con 20 prazas. Desenvolverase na Escola de Barcia entre as 17.00 e as 19.30 horas.
- 4 de xuño: Curso de cestería. Esta acción está pensada para público adulto. Farase en horario de 16.00h. a 21.00h. Hai 8 prazas dispoñibles.
Cervantes
- 4 de xuño: Unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo. Esta actividade diríxese ás familias e terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas na Antiga Escola de Piornedo. 25 prazas dispoñibles.
- Saída de Identificación de árbores autóctonas nos Ancares. Esta acción formativa está dirixida ao alumnado do CPI de Cervantes.
![Cartel actividades](/sites/deputacionlugo.org/files/inline-images/280322%20CARTEL_RB_OAL_2022_2T_page-0001.jpg)