Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación participa nas actividades con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Raiolas
Día Mundial de Concienciación do Autismo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado nas actividades organizadas pola Asociación Raiolas con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu o espectáculo do Mago Rafa e a lectura dun manifesto. A Deputación de Lugo apoia a este colectivo e a Capaces Lugo co obxectivo de mellorar a calidade de vida de persoas con Trastorno do Espectro Autista e favorecendo a creación e o mantemento dun clima familiar equilibrado, que potencie as relacións positivas e de desenvolvemento para todos os membros da unidade familiar. A institución provincial iluminou tamén de azul a fachada do Pazo de San Marcos para concienciar á cidadanía sobre o autismo.