Axenda Institucional
Deputación de Lugo

García Porto asiste ao pregón inaugural da Semana Santa de Lugo no Círculo das Artes

Semana Santa
pregón

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu esta tarde, no salón rexio do Círculo das Artes, ao pregón inaugural da Semana Santa de Lugo 2022, que correu a cargo do coordinador da Xunta de Confrarías e presidente da confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María, Ramón Basanta. A institución provincial impulsa esta cita con 17.000€ polo seu valor como referente cultural na provincia, 12.000€ están destinados á Xunta de Confrarías para organización dos actos e outros 5.000€ para a procesión da Virxe da Esperanza, que se celebra o vindeiro luns, 11 de abril. Ao acto asistiron tamén o Vicario do Obispado de Lugo, Mario Vázquez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades.