Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación participa nos actos de honra á patroa dos odontólogos e estomatólogos

colexio oficial odontólogos
santa apolonia

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres nos actos que o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo organizou en homenaxe a súa patroa, Santa Apolonia, no Eurostars Gran Hotel de Lugo. Na cita, o responsable da Deputación participou na entrega das distincións do Colexio aos diferentes profesionais e na súa intervención valorou “o traballo que desenvolveron os colexios profesionais do ámbito sociosanitario durante a pandemia”, sinalando que “como todos os profesionais sanitarios, estiveron moi expostos, pero ademais fixeron un esforzo suplementario de organización, de representación e de conexión entre os profesionais, a administración e o conxunto da sociedade nun momento moi complicado.” Rivera Capón engadiu que “a Sanidade é un dos grandes piares do Estado do Benestar” e que a Deputación “apoia as demandas dos profesionais sociosanitarios e que escoita sempre os seus consellos á hora de deseñar políticas sanitarias ou afrontar crises como a que estamos a superar”.