Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural colabora coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que celebra no Muvicla unha xornada sobre sistemas de produción de carne extensivos e adaptados ao territorio

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
Muvicla
A deputada Mónica Freire participará este venres na inauguración do encontro

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora na organización da VII Reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF), que se celebra os vindeiros 27 e 28 de maio no Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción (Muvicla) de Trasliste, no concello de Láncara.

A área dirixida por Mónica Freire achega máis 2.000 euros para a celebración das xornadas, nas que se abordarán as vantaxas dos modelos extensivos e adaptados ao territorio na produción de carne, baixo o título “Sistemas de produción de carne resilientes ás crises”.

A deputada provincial sinalou que “apoiamos un ano máis estes encontros formativos e divulgativos da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes nos que gandeiros e gandeiras de todo o país exporán as fortalezas de sistemas de produción baseados no pastoreo e na alimentación con forraxes propias, que reducen a dependencia de insumos externos e que, polo tanto,  protexen as gandeirías fronte a alzas de prezos como a que estamos a vivir nos últimos meses”

“Entendemos que desde as adminstracións debemos involucrarnos na divulgación e no apoio destes modelos produtivos máis sustentables tanto desde o punto de vista económico como ambiental ”, concluíu a deputada, que participará o venres na inauguración das xornadas.