Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase aos actos do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos

ALCER
Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos
benestar social


O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este mércores a mesa informativa e de sensibilización que instalou a Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Lugo (Alcer) na Praza de San Marcos con motivo do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos. A fachada do edificio provincial alumearase toda a noite de cor verde, co obxectivo de homenaxear ás persoas doantes pola súa enorme xenerosidade, ademais de sensibilizar á sociedade sobre a vital importancia que ten a doazón de órganos para as persoas que se atopan á espera dun transplante. A Deputación colabora con Alcer cunha achega económica de 5.000 euros para colaborar na atención integral das persoas con enfermidade renal.