Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo participa na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

Ofrenda Reino de Galicia
Santísimo Sacramento

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo en Lugo nos actos relacionados coa tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano realizou o Concello de Santiago de Compostela. A xornada comezou coa recepción dos diferentes representantes institucionais dos municipios de Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Santiago, Ourense e Tui na Casa Consistorial de Lugo, e despois tivo lugar unha celebración relixiosa na Catedral.

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento celébrase en Lugo desde 1669, cando o Cabildo Catedralicio pediu axuda ás cidades para manter a iluminación da Sagrada Forma no Altar Maior as 24 horas do día dos 365 días do ano.