Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O viveirense Ánxel Vizoso gañou o Volante Deputación, que se celebrou esta fin de semana na Pastoriza

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
EFRÉN CASTRO
volante Deputación
ÁNXEL VIZOSO
O programa formativo e deportivo que promove a Vicepresidencia da Deputación premia ao gañador coa participación gratuíta no vindeiro Rally San Froilán

O viveirense Ánxel Vizoso López foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se puxo en xogo unha praza para competir na vindeiro Rally San Froilán.

O mozo viveirense, que participaba por segunda ocasión neste programa formativo e competitivo, foi o máis rápido na proba final (1.43.103), por diante de Pablo Núñez Fernández (1.49.130), Jesús Amor Vidal (1.52.257) e Salvador Carreira Lamas (1.52.997), que completaron o cadro de finalistas tras dúas xornadas de intensa actividade no circuíto pastoricense.

Os participantes na proba, organizada por PTC Escuela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pastoriza, recibiron formación en condución deportiva e tiveron a oportunidade de iniciarse na competición automobilística coas probas cronometradas que se realizaron durante a fin de semana.

O gañador poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos próximos días, nos que recibirá formación específica para competir de forma gratuíta no Rally San Froilán, cun coche de competición do equipo PTC Escuela.

O deputado de Deportes Efrén Castro deu os parabéns ao gañador e valorou “o Volante Deputación como unha cita plenamente consolidada que conta co respaldo dos pilotos noveis, que atopan unha oportunidade para demostrar a súa capacidade”