Deputación de Lugo

O Presidente recibe ao Subdelegado de Defensa na provincia e ao seu sucesor, que asumirá o cargo o sábado

Subdelegado de Defensa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, Fernando Brinquis Crespo, e ao seu sucesor, Juan José Fernández Arrojo, que asumirá o cargo este vindeiro sábado. No encontro, Tomé Roca, agradeceu o traballo, a accesibilidade e a boa disposición de Brinquis durante os anos nos que estivo no cargo. Así mesmo, o mandatario provincial felicitou a Fernández Arrojo pola súa nova responsabilidade e ambos amosaron a vontade de colaboración e compromiso coa provincia nesta nova etapa.