Deputación de Lugo
Formación

Rivera Capón destaca o potencial dos montes da provincia na inauguración do curso de verán da USC sobre o seu aproveitamento

USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou este luns o potencial dos montes da provincia de Lugo durante a inauguración do curso de verán da USC Producións non madereiras e servizos do monte galego, no que participan estes días estudantes, técnicos, e persoal de diferentes empresas relacionadas co sector. O acto tivo lugar no Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra e xunto ao Deputado participaron tamén o Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo, Francisco José Fraga, e o Concelleiro de Medio Ambiente de Lugo, Miguel Fernández.

“Dende a Deputación levamos tempo potenciando este tipo de visión transversal, estratéxica, do desenvolvemento do rural. Combinando a recuperación das tradicións e o coidado da paisaxe para xerar proxectos de futuro que creen riqueza, emprego de calidade e que axuden a fixar poboación do rural”, sinalou Rivera Capón. O Deputado lembrou ademais os incendios que están a golpear no sur da provincia de Lugo e sinalou a importancia de coidar os montes como unha prioridade.