Deputación de Lugo
Turismo

García Porto asiste á primeira xornada do festival Trece Roeis, que se celebra co apoio da Deputación

Trece Roeis Fest

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres aos concertos da primeira xornada do festival Trece Roeis que se celebra ata o sábado en Pantón. A Deputación de Lugo achega 5.000€ para a celebración desta cita, que contribúe a dinamizar social, turística e economicamente a Ribeira Sacra. García Porto destacou que se trata dunha colaboración “dentro da nosa clara liña de apoio ós concellos e ó tecido asociativo para dinamizar a vida social e económica da provincia”.

Na primeira xornada MJ Pérez abriu o cartel, á que seguiron O’leo de matamá, Searas, Guezos, El Droga, Herdeiros da Cruz e Cabodano. O sábado arrancará en horario matinal con Baturruka e Muy Montes, xa pola tarde é a quenda de Beocáns, Zeltia Irevire, Paco Nogueiras, Festicultores, A banda da Loba, Boikot, Lágrimas de Sangre, Liviao de Marrao e os DJ Maceda, Xan e Xosé.