Deputación de Lugo
Turismo

Saborea a túa provincia demostra a calidade do galo de Mos e o queixo de San Simón, en Vilalba

saborea a tua provincia

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participaron este domingo nunha nova parada do programa Saborea a túa provincia. A Praza da Constitución de Vilalba acolleu a sexta cita desta iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo, na que se realizan degustacións, demostracións culinarias e obradoiros de cociña para os máis pequenos. Alejandro Ares, cociñeiro do Noa Boutique Hotel, foi o encargado de elaborar un dumpling de galo de Mos con espuma de queixo San Simón, que degustaron os asistentes. Atlántica e a Asociación Cultural de Andrade puxeron ritmo á xornada.