Deputación de Lugo
Turismo

Saborea a túa provincia achega á Fonsagrada os produtos e a gastronomía da provincia de Lugo

saborea a tua provincia
Pablo Rivera Capón
Concello da Fonsagrada

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no programa da Deputación de Lugo Saborea a túa provincia que tivo lugar este sábado na Praza do Concello da Fonsagrada. O cociñeiro Pablo Vila, de Oca Hoteles, realizou un brownie de castañas, doce de pera e cumio de noces, que fixo as delicias dos asistentes. O programa completouse con degustacións e os máis pequenos realizaron as súas propias elaboracións en cociñas adaptadas. Atlántica e Illa Pancha puxeron ritmo á xornada.