A orella de porco é a protagonista do programa Saborea a túa provincia en Navia de Suarna
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2022-08/IMG-20220828-WA0111.jpg)
O programa Saborea a túa provincia achegouse este domingo á Praza da Pobra de Navia de Suarna. A Deputación de Lugo impulsa este programa, que inclúe degustacións e demostracións culinarias, talleres de cociña para os máis pequenos e música que, nesta ocasión, estivo a cargo dos Gaiteiros de Navia e Atlántica. Bruno Pena, da Asociación de Cociñeiros de Lugo, elaborou un bocadillo de orella de porco en pan brioche que fixo as delicias dos asistentes.