Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación asiste á entrega do XLVIII Premio de Certame Literario de Vilalba e ao pregón das festas patronais

Vilalba
Certame literario de Vilalba


O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, participou este martes no acto de entrega do premio do XLVIII Certame Literario do Concello de Vilalba, que acolleu o auditorio Carmen Estévez Eguiagaray.

Nesta edición resultou gañadora Jesusa Camaño Giráldez coa súa obra As feridas dun amor efémero como preámbulo desta morte soñada. Ademais, García Pernas asistiu ao pregón das festas de San Ramón e Santa María, que oficiou a matrona do centro de saúde de Vilalba, Benita Martínez García, un acto que marca o inicio das festas patronais da capital chairega.