Deputación de Lugo
Economía
Emprego

A Deputación colabora co tradicional concurso de gando cabalar, mular e asnal da Fonsagrada

a fonsagrada
feira de gando
RECURSOS SOSTIBLES
O Deputado de Recursos Sostibles participou este xoves na cita, á que, xunto coa celebrada a pasada fin de semana de gando vacún, a institución provincial destina 7.000€

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, e outras autoridades, participou este xoves  no concurso de gando cabalar, mular e asnal no Recinto do Mercado Comarcal Gandeiro da localidade. Fernández Rico salientou a importancia e a calidade do certame e fixo entrega dos trofeos aos gañadores. 

Na Praza do Concello desenvolvéronse as probas morfolóxicas coa participación de gando asnal, mular, ponis, cabalos e eguas do país, cabalos e eguas cruzados e cabalos e eguas de pura raza galega. A institución provincial colabora con esta cita e coa que tivo lugar a fin de semana pasada de gando vacún cunha achega económica de 7.000€. 

Esta feira, que cadra coa celebración das festas patronais, conta cunha gran tradición na comarca pola importancia que ten a gandería e o sector primario na zona.