Deputación de Lugo
Turismo

Santaballa revive o seu pasado indiano esta fin de semana co apoio da Deputación de Lugo

Santaballa
Liga Santaballesa
Vilalba
O Presidente mantivo un encontro coa Alcaldesa de Vilalba e representantes da asociación cultural Amigos da Liga Santaballesa, entidade coa que colabora a institución provincial cunha achega de 4.000€ para organizar a Feira do Indiano

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo este xoves no Pazo de San Marcos un encontro coa Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, e o presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero Prieto, entidade coa que colabora a institución provincial cunha achega de 4.000€ para organizar a Feira do Indiano 2022, que arranca esta fin de semana. 

Tomé Roca destaca a importancia de colaborar dende a institución provincial para celebración desta cita, que “sen dúbida ningunha contribúe a axudar na conservación do legado daqueles que tiveron que deixar a súa terra na procura dunha vida mellor”. Destacou o traballo do colectivo e felicitouno por configurar, unha vez máis, un programa atractivo con exposicións, música, mesa de debate, xantar, baile e postos de venda na sede do colectivo.  

A mandatario provincial tamén quixo destacar “o traballo realizado pola entidade para a recuperación dunha das moitas escolas habaneras que se crearon nesta época grazas ás achegas dos emigrantes lucenses”. Nese sentido, puxo de manifesto a implicación da Alcaldesa de Vilalba e do seu equipo de Goberno co tecido asociativo do municipio, como é o caso da Liga Santaballesa, para que “este sexa unha localidade chea de actividades, que non esquece o seu pasado e que integra as súa parroquias na axenda social do concello”. 

Programa

17 de setembro
12:00h. Inauguración da exposición O soño do cubano da emigración galega
12:15h. Mesa redonda A Migración de bote moderada por Daniel Manuel Vázquez Vila
14:00h. Pezas de música caribeña con Cuarteto Habana Café Son
15:00h. Xantar aberto ao público con reserva previa (652 79 02 20)
16:00h. Exhibición de bailes tradicionais cubanos a cargo de Edro Dance, pasarrúas con Javier Muro, Trío La Clave e David Villares
20:30h. Queimada popular teatralizada con Manolo Rubiños Ferreiro
21:00h. Foliada con Trío La Clave

18 de setembro
12:00h. Visitas guiadas á casa-escola e á exposición

25 de setembro
12:00h. Visitas guiadas á casa-escola e á exposición