Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Pastoriza inicia a contratación das obras de mellora en pistas das parroquias de Gueimonde e Fonmiñá,  financiadas por Medio Rural

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
ELVA CARRERA
PISTAS MUNICIPAIS
A Pastoriza

A deputada de Medio Rural Mónica Freire e a tenente alcalde da Pastoriza Elva Carrera informaron do inicio do procedemento de contratación das obras de mellora en pistas das parroquias de Gueimonde e Fonmiñá.

Elva Carrera explicou que, trala sinatura do convenio entre as dúas institucións, o Concello está avanzando na tramitación do contrato co obxectivo de comezar canto antes cos traballos de pavimentación, que se centrarán nun acceso moi deteriorado a unha vivenda en Gueimonde e noutros dous treitos que dan servizo ás aldeas de Paraxes e Os Goritos, continuando así coas melloras da rede viaria municipal que o Concello ven desenvolvendo nas parroquias do municipio.

As actuacións  incluén a reposición do firme en cinco pistas e ramais, que suman máis de 2,5 quilómetros de lonxitude e que son de uso habitual por turismos e maquinaria.  A renovación farase con capa de mezcla asfáltica en quente e rego asfáltico, segundo as necesidades de cada tramo, e realizarse tamén unha limpeza das cunetas.

As obras suporán un investimento total de 135.819,94 euros distribuídas entre esta anualidade e a vindeira.