Deputación de Lugo

O Presidente asiste ao pregón das festas do San Froilán a cargo da xornalista Esther Eiros

San Froilán
pregón

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres ao pregón do San Froilán 2022 a cargo de Esther Eiros. As festas patronais de Lugo comezaron esta tardiña coas palabras da xornalista lucense nada en Bretoña que dedicou a súa vida á radio, e prolongaranse ata o vindeiro mércores 12 de outubro. No balcón da Casa do Concello de Lugo Tomé Roca estivo acompañado pola Alcaldesa, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades.