Deputación de Lugo
Formación

A Deputación participa na conferencia inaugural do ciclo sobre política exterior da UNED de Lugo

UNED
política exterior
O Deputado de Promoción Económica e Social destacou “a importancia de analizar o que sucede no resto do mundo para apostar polo desenvolvemento local e pola preservación dos nosos valores e tradicións”

O director do Departamento de Seguridade Nacional do Gabinete da Presidencia do Goberno, Miguel Ángel Ballesteros, abriu estas xornadas que se estenden ata o 17 de outubro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no encontro inaugural do ciclo de conferencias España e os Novos Desafíos en Política Exterior organizado pola UNED de Lugo, que se celebrou este xoves no Salón de Actos do Centro Asociado da universidade da capital lucense. O director do Departamento de Seguridade Nacional do Gabinete da Presidencia do Goberno, Miguel Ángel Ballesteros, abriu estas xornadas que se estenden ata o 17 de outubro. 

Rivera Capón destacou a relación de colaboración da Deputación de Lugo coa UNED porque “estamos convencidos de que consolidar o carácter universitario de Lugo é unha ferramenta fundamental para o progreso da provincia”, e puxo en valor a “oportunidade” da temática das conferencias sobre política exterior, xa que, “se queremos apostar polo desenvolvemento local e pola preservación dos nosos valores e tradicións, necesitamos analizar permanentemente aquelo que sucede no resto do mundo”.

Este ciclo continuará os vindeiros días coas intervencións do catedrático de Economía na Universidade de Vigo Javier Labandeira Villot; a profesora da UNED e do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, Rosa Ricoy Casas; e a profesora do Departamento de Economía Aplicada e Xestión Pública da UNED, Myriam C. González.