Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo participa nos actos de celebración da patroa da Garda Civil

Garda Civil

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou na celebración que tivo lugar este mércores na capital lucense con motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil. Os actos consistiron nunha misa na Igrexa de San Francisco Javier para, posteriormente, trasladarse ao Patio de Armas da Comandancia da Garda Civil, na que tivo lugar un acto castrense.