Deputación de Lugo
Medio ambiente

Comezan as actividades da Deputación nas reservas da biosfera cunha xornada de micoloxía en Navia de Suarna

Reservas da Biosfera
Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo comezou esta fin de semana unha nova edición de actividades gratuítas para fomentar o lecer saudable e a educación ambiental na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola institución provincial. As primeiras actividades estiveron dedicadas á cestaría, en Cervantes, e micoloxía, en Navia de Suarna. Este luns comezou a primeira proposta na Reserva de Terras do Miño, centrada na Tecnoloxía polo Medio Ambiente. As actividades estenderanse ata finais de ano nas dúas reservas da biosfera de xestión provincial.