Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo
Emprego

A Deputación participa en Santiago no Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego de Galicia

discapacidade

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na inauguración da 18 edición do Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego que se celebrou na Capela Real do Parador dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. A cita, que se celebra por primeira vez en Galicia e que organiza a Asociación de Centros Especiais de Emprego (ASPAIS), reúne entre hoxe e mañá a directivos, empresarios e profesionais que traballan para dar a coñecer e mellorar a situación sociolaboral das persoas con capacidades diferentes.

O programa deste encontro inclúe a análise de temas como a ruptura da negociación colectiva e o diálogo social, a doutrina dos tribunais en materias como a reserva na contratación pública, cambios normativos no ámbito laboral e axudas aos centros especiais de emprego, ou a valoración da Axencia de Protección de Datos.