Deputación de Lugo

A Deputación asiste á entrega do X Premio APECSA á Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

Camiño de Santiago
PEDRAFITA DO CEBREIRO
O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, participou no acto organizado no Cebreiro pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago

O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, asistiu este venres á entrega do X premio internacional APECSA 2022, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e dedicado nesta edición a  Pilar Armesto Valiña, hospitaleira, mesoneira, dinamizadora e defensora dos valores do Camiño de Santiago, pioneira no asociacionismo e na acollida aos peregrinos.

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, integrada polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, resultou a gañadora desta X edición do premio internacional APECSA 2. 

O xurado, presidido polo xornalista Luís Celeiro Álvarez, destacou e valorou o traballo da Mancomunidade e de cada un dos concellos integrantes da mesma, na defensa e promoción dos valores do Camiño de Santiago. O premio consiste nunha escultura, Harmonía, da autoría de Luís Loureira.