Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación participa na XV Xornadas Renais de Doazón e Transplante impulsadas por ALCER Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na inauguración da XV Xornadas Renais de Doazón e Transplante impulsadas por ALCER Lugo. A Deputación colabora con esta entidade, que na actualidade conta con preto de 400 socios, cunha achega de 5.000€. Rivera Capón puxo en valor a traxectoria da entidade tras 40 anos “traballando por mellorar a calidade de vida das persoas con insuficiencia renal crónica da nosa provincia”.