Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa no encontro da APEHL para o impulso da cultura gastronómica dos camiños de Santiago

APEHL

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou esta mañá no III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada para o impulso da cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. González Abelleira puxo en valor a singularidade e alta calidade dos produtos de proximidade e da gastronomía como unha das grandes fortalezas da provincia, con capacidade para crear riqueza e emprego, e impulsar un turismo de calidade e sostible. O acto, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), contou coa presenza de cociñeiros da Asociación Provincial de Cociñeiros.