Deputación de Lugo
Formación
Medio ambiente

A Deputación participa no presentación dunha monografía sobre a historia agraria de Galicia

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou este luns na sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) na presentación do libro Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia, incluído na serie Biodiversidade das Monografías deste organismo dependente da USC. “Para deseñar con acerto o futuro hai que coñecer ben a historia, e iso é o que nos propón esta monografía que recolle traballos do investigador Xoán Fernández López”, sinalou o Deputado, e destacou que “estas contribucións á historia de Galicia repasan o conxunto das paisaxes agrarias da nosa terra e a súa evolución ao longo do tempo”.