Deputación de Lugo
Economía

A Deputación colabora coa Asociación Provincial de Hostalería no XVII Concurso de Tapas de Lugo

Tapas
APEHL
Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería (APHEL), Cheché Real, xunto a outras autoridades, presentaron este mércores no Vello Cárcere a XVII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar do 4 ao 20 de novembro, unha iniciativa coa que, un ano máis, colabora a institución provincial. 

García Porto felicitou ao Concello de Lugo e á Asociación de Empresarios de Hostalería “por recuperar unha cita gastronómica de alto nivel na cidade”, que sempre demostra “a calidade e a orixinalidade dunha das nosas sinais de identidade, como son as tapas”. Dende a Deputación de Lugo, sinalou a Deputada, “vimos apostando decididamente por un modelo de turismo sostible, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, aproveitando a diversidade da nosa provincia. Un turismo que coida e pon en valor o noso patrimonio e que crea riqueza”. O Concurso de Tapas de Lugo, engadiu García Porto, “ten tamén esa capacidade, non só para incentivar o consumo nun momento no que os empresarios e autónomos o precisan, senón para atraer á cidade xente doutros lugares”.