Deputación de Lugo

A Deputación celebra con FADEMUR o Día da Muller Rural

Muller rural

A voceira socialista do Goberno da Deputación e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este sábado á xornada As mulleres son o relevo no rural, un encontro organizado pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) con motivo do Día Internacional da Muller Rural. O Pazo de Congresos de Santiago acolleu a xornada, que consistiu nunha mesa redonda onde se debateu o relevo xeracional nas explotacións agrogandeiras coa participación de diferentes gandeiras de vacún de carne e de leite e unha produtora do sector hortícola. Xunto a García Porto, participaron neste acto o Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a presidenta de Fademur, Teresa López López, a presidenta da organización en Galicia, Verónica Marcos Arrojo, o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García González.