Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación promocionará os produtos alimentarios de Lugo no consolidado Festival de Jazz&Blues de Ribadeo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
SON DE LUGO
JAZZTRONOMÍA
A cita musical estrea un espazo gastronómico, Jazztronomía, con demostracións ao vivo e degustacións de alimentos de producións agrogandeiras e obradoiros artesáns das distintas comarcas

A deputada Mónica Freire participou na presentación do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que se vai desenvolver do 25 de novembro ao 11 de decembro cun amplo abano de actividades, que inclúe concertos de grupos de Asturias, País Vasco, Cantabria, Cuba, USA e Francia, e actividades complementarias como unha exposición retrospectiva e un espazo gastronómico baixo o selo Jazztronomía

A iniciativa conta co apoio da área de Medio Rural e do Mar da Deputación que impulsa o apartado gastronómico, convertendo o Festival nun escaparate para a promoción de alimentos de producións agrogandeiras e obradoiros alimentarios da provincia. 

Os días 3 e 4 de decembro instalarase no Parque de San Francisco un espazo gastronómico no que se realizarán demostracións de cociña e degustacións con produtos que se comercializan a través da plataforma de venda en liña Son de Lugo impulsada pola área de Medio Rural, que integra pequenas firmas alimentarias de todas as comarcas.

A deputada Mónica Freire explicou que “desde a área de Medio Rural vimos traballando nestes anos en diferentes fórmulas para poñer en valor os produtos que elaboran gandeiros e agricultores e cremos que o Festival de Jazz &Blues nos ofrece a oportunidade de afondar nesa labor dun xeito orixinal e moi propicio para que se valore a calidade dos produtos ”.

As sesións gastronómicas serán coordinadas polo viveirense Lucas Requejo, especialista na divulgación de hábitos de consumo e produción saudables e sostibles, que maridará os mellores atributos musicais do festival cos valores culinarios dos produtos lucenses.