Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora coa VII Feira do Mel de Montaña de Muras, que conta cun amplo programa de actividades

mel
Muras

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, acudiu este domingo á sétima edición da Feira do Mel de Montaña de Muras, coa que colabora a Deputación de Lugo. García Pernas visitou a mediodía o recinto feiral que, ademais da venda e exposición de mel e produtos de temporada, acolleu actividades destinadas a todos os públicos, entre as que destacaron as charlas, as degustacións e os obradoiros infantís. A institución provincial achega 6.000€ a través do Plan Único para a organización desta cita na parroquia do Viveiró.