Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A calidade dos alimentos lucenses protagonizou Ribadeo esta fin de semana o Festival de Jazz&Blues de Ribadeo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
SON DE LUGO
Mónica Freire
JAZZTRONOMÍA
gastronomía
Medio Rural da Deputación impulsou demostracións e degustacións culinarias con ingredientes de producións integradas en Son de Lugo

Os productos agrogandeiros de Lugo foron protagonistas do espazo gastronómico Jazztronomía, no que a área de Medio Rural da Deputación de Lugo promocionou os alimentos lucenses no marco do Festival de Jazz &Blues de Ribadeo.

Nunha carpa instalada no Parque de San Francisco,  o cociñeiro  e divulgador  viveirense Lucas Requejo ofreceu ao longo da fin de semana unha demostración de cociña –sábado á tarde - e outra de  preparación de bebidas –domingo á mañá -, elaborados con ingredientes e alimentos de proximidade que se comercializan a través da plataforma de venda en liña Son de Lugo, impulsada pola área dirixida por Mónica Freire.

Faba de Lourenzá, merluza do pincho, conservas de verduras,  marmeladas e xugos elaborados con froitas ecolóxicas,  queixos das denominacións de orixe San Simón da Costa e Arzúa Ulloa, iogures elaborados con leite ecolóxica, mel,  viño de Terras do Navia, cervexa artesá e infusións de colleitas locais  foron algúns dos productos que se empregaron para a preparación dos pratos e das bebidas, que se ofreceron para degustación gratuíta.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire valorou “o interese que xenerou a iniciativa entre todas as persoas que se achegaron na Ribadeo durante a fin de semana, que puideron coñecer de primeira man a calidade dos alimentos que se producen nas gandeirías e obradoiros alimentarios da provincia”.

Mónica Freire lembrou que “desde a área de Medio Rural vimos traballando nestes anos en diferentes fórmulas para poñer en valor os produtos do sector primario e ofrecer fórmulas de comercialización que compensen a súa calidade, e o Festival de Jazz &Blues nos ofreceunos a oportunidade de afondar nesa labor dun xeito orixinal”, concluíu.