Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural financia obras de acondicionamento a carón das vivendas sociais e do colexio de San Cosme de Barreiros

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Barreiros
Mónica Freire

A deputada de Medio Rural Mónica Freire visitou o Concello de Barreiros para interesarse polas obras que se desenvolverán en San Cosme de Barreiros, con financiamento da institución provincial.  Trátase de actuacións na contorna das vivendas sociais e do colexio, onde se está a crear un novo espazo de uso para a veciñanza, especialmente a máis nova. 

Coa colaboración da Medio Rural, o Concello de Barreiros completará o acondicionamento da zona con beirarrúas, alumeado e pintado da rúa. As actuación afainzarán o lugar convertendo o lugar nun dos centros da parroquia, pola súa ubicación e proximidade aos espazos onde reside e socializa a xente, ao estar próxima ao único parque infantil existente no núcleo e a unha zona de paseo habitual coma O Xuncal.

Mónica Freire trasladou ao goberno municipal “a disposición da súa área para colaborar cos concellos na mellora da calidade de vida da súa veciñanza, especialmente en concellos coma Barreiros que sen colaboración de outras administracións non poderían acometer este tipo de proxectos.”

Así, a deputada lembrou outras colaboracións da área que dirixe en Barreiros, como a renovación de tubaxes de abastecemento de auga, a mellora de vías forestais, a posta en marcha dun composteiro mancomunada ou a compra de vehículos e maquinaria para a prestación de servizos municipais.

Esta fase do proxecto, contempla obras por un importe de 71.874,19 euros, dos que a área de medio rural da Deputación aporta 68.280,48 €; poñendo o Concello de Barreiros os 3.593,71 € restantes.