Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación colabora nunha xornada sobre o papel das actividades agrogandeiras fronte aos incendios da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
medio rural
Mónica Freire

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes na organización da xornadas “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, que se celebrará o sábado na Estación Científico do Courel da USC en Seoane do Courel.

A deputada Mónica Freire participará na apertura da xornada, na que intervirán especialistas en enxeñería agrícola e forestal, investigadores e gandeiros e gandeiras das comarcas da montaña lucense, e na que se abordará, desde distintas perspectivas, o papel das actividades agrogandeiras como freo aos incendios en zonas de montaña.

A responsábel provincial ratificou o apoio da área de Medio Rural “aos encontros formativos e divulgativos que a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes ven organizando ao longo do ano, neste caso, entrado nun aspecto no que vimos traballando desde o inicio do mandato desde a área de Medio Rural co programa O que non arde, dirixido a fomentar o pastoreo en terreos agrícolas e forestais como ferramenta preventiva contra os lumes”, concluiu.