Cultura
Deputación de Lugo

Concurrida primeira edición do Mercado Quilate Especial Nadal de Sarria, que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
ARTESANÍA E DESEÑO
MERCADO QUILATE
Sarria
EFRÉN CASTRO

Sarria acolleu hoxe o primeiro Mercado Quilate Especial Nadal, co que os anticuarios da vila que veñen organizando un rastro mensual queren consolidar unha edición nestas datas e que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado Efrén Castro achegouse durante a mañá aos postos instalados na rúa do Porvir, que ofrecían os máis variados obxectos antigos e vintage, vinilos e obxectos curiosos e de coleccionismo.

A feira incluíu tamén demostracións de cestería, tecedura e olería, organizadas pola área de Artesanía e Deseño, que contribuíron a atraer o público, reforzando a aposta da organización polo evento e ofrecendo un novo escenario para a promoción da artesanía lucense. 

Postos de confitaría e repostería e a actuación do grupo Xaramolos contribuíron tamén a ambientar unha xornada moi concurrida, no espazo de referencia dos anticuarios en Sarria.

Neste sentido, Efrén Castro valorou "a iniciativa da organización que encheu Sarria de actividade durante esta xornada de domingo, animando a saír á rúa aos veciños e veciñas da vila e traendo ata aquí xente de toda a comarca".