Deportes e mocidade
Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente participa na entrega de premios do Trail Terras de Burón que acolleu este sábado A Fonsagrada

Trail
terras de burón
a fonsagrada
osé Tomé Roca, acompañado polo Alcalde do municipio, Carlos López, felicitou aos 350 participantes por completar esta proba coa que colabora a Deputación dado que, “se xa era dura de por si, fíxose máis difícil polas condicións meteorolóxicas”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, na entrega de premios do primeiro Trail Terras de Burón, que acolleu o municipio fonsagradino co apoio da Deputación de Lugo ao longo de toda a mañá.

Tomé Roca felicitou aos participantes por realizar esta proba, “que, se xa era dura de por si polo percorrido, se fixo máis difícil polas condicións meteorolóxicas”, afirmou. Participaron 350 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e de España nesta proba que organiza o Club de Montaña Terras de Burón, recentemente creado.
O Presidente subliñou que “a Deputación de Lugo é o Concello dos concellos e,  como tal, temos o compromiso de colaborar cos 67 municipios da provincia, sobre todo cos máis pequenos, para sacar adiante todo tipo de iniciativas que favorezan o seu progreso social e económico. Este é o obxectivo que nos motivou a apoiar o Trail  da Fonsagrada coa súa promoción e proxección. Nese sentido, quero recoñecer o papel do Alcalde  e do seu Goberno por contribuír a que este tipo de eventos se celebren no concello, e por facelo da man do tecido asociativo do municipio. É fundamental o que están facendo na Fonsagrada para que sexa un lugar vivo, dinámico e con iniciativas pensadas para todas as idades”, subliñou. 

Ademais, o mandatario provincial resaltou o carácter turístico do Trail, que lle permitiu aos participantes descubrir, ao tempo que facían deporte, fermosas paraxes da Montaña lucense e gozar da “fabulosa gastronomía que ten esta zona da provincia de Lugo”.