Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Aberto o prazo para solicitar as axudas a deportistas individuais convocadas desde a Vicepresidencia da Deputación

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
BOLSAS DEPORTISTAS INDIVIDUAIS
Efrén Castro destacou que o incremento do 18% no orzamento desta liña de apoio ao deporte, cun investimento total de 100.000

O prazo de solicitude abre este luns e concluirá o 11 de abril

Este luns  abriu o prazo de solicitdude das bolsas para deportistas individuais convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A área de Deportes distribuirá 230 bolsas, 45 máis que na pasada edición, ampliando a cobertura destas achegas que teñen como obxectivo fomentar a participación  de deportistas de modalidades individuais en competicións, contribuíndo a financiar os gastos asociados a esa actividade. As bolsas oscilan entre os 300 e os 2500 euros e supoñen un investimento total de 100.000 euros.

O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que  “aumentamos nun 18% a contía  destinada a esta liña de apoio ao deporte para atender unha demanda crecente nas últimas convocatorias. Medra a participación deportiva e tamén o nivel competitivo con deportistas lucenses con excelentes resultados nas súas participacións en probas tanto de nivel galego como estatal”

O responsábel provincial explicou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de iniciación, e polo tanto de colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias,  desde licenzas ou inscricions en competicións ata transporte ou o material deportivo”.

As contías asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2022.   O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, polo que permanecerá aberto ata o 11 de abril. As bases e modelos de solicitude, publicado no Boletín Oficial da Provincia deste sábado 25 de marzo, están dispoñibles aquí 

Última semana para solicitar as axudas para clubs e entidades deportivas
A área de Deportes tamén ten aberta a convocatoria de axudas para clubs e entidades deportivas, cun investimento total de 600.000 euros. O prazo remata o venres 31 de marzo.