Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación adxudica os traballos para mellorar o firme na estrada que une As Rodrigas e Marco de Álvare, en Riotorto

Riotorto
rede viaria provincial
Imaxe deputación de lugo
Estas actuacións faranse nas vindeiras semanas na estrada provincial LU-P-5501 cun orzamento de 41.859,16€, entre os puntos quilométricos 1,6 e 8, co fin de aumentar a seguridade vial

A Deputación de Lugo vén de aprobar a adxudicación á empresa Grupo Bascuas 2008 SL o proxecto de mellora da estrada provincial LU-P-5501, que une As Rodrigas con Marco de Álvare, ao seu paso por Riotorto. 

Os traballos consistirán na apertura das cunetas e no aglomerado en quente onde a vía presenta desperfectos, ademais de renovar a sinalización co fin de aumentar a seguridade vial. As actuacións desenvolveranse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1,6 e 8, e o prazo de execución destas actuacións é dun mes. 

Estas obras complementan outro proxecto que a Deputación ten en marcha para mellorar a visibilidade de dúas curvas na estrada provincial nesta mesma vía á altura da Granxa, na parroquia de Ferreiravella.  Unha actuación que ten os traballos adxudicados por un importe de preto de 48.000€. Esta estrada presenta unha visibilidade reducida en dous tramos de curvas, onde se atopan situados dous accesos á altura dos puntos quilométricos 4,9 e 5,7. O proxecto inclúe o movemento de terras para o desmonte nestes dous puntos, a pavimentación da calzada con zahorra artificial e o balizamento no punto quilométrico 5 coa colocación dunha bionda.