Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asiste á Feira do Queixo do Cebreiro

PEDRAFITA DO CEBREIRO

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres xunto ao Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo Magdalena, á Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebrou na Praza do Mercado da localidade. Este ano a cita gastronómica, que cumpre a súa 35 edición, foi pregoada pola xornalista Tamara Raposo. A Feira do Queixo do Cebreiro pon en valor un produto que nos anos 90 foi recuperado e, na actualidade, son catro os produtores que contan coa Denominación de Orixe Protexida Cebreiro. O produto está elaborado de xeito tradicional con leite de gando vacún das razas Rubia Gallega, Pardo Alpina e Frisona.