A Deputación apoia a celebración da Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-04/230423%20Festa%20da%20Bola%20de%20Liscos%20e%20Freces.jpeg)
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, participou este domingo na XII Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña, no concello da Pastoriza, organizada pola Asociación de Amigos da Feira de Bretoña. A Deputación de Lugo colabora con esta cita gastronómica cunha achega de 3.000 euros, que permite dar a coñecer este produtos típicos da zona á veciñanza e visitantes. Os asistentes puideron degustar estes dous pratos típicos da zona, un doce e outro salgado.