A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Feira do Poldro de Muras, o 24 de setembro no Alto da Gañidoira

O deputado de Medio Rural Daniel García remarcou o valor ambiental, social e cultural da gandería e dos sistemas tradicionais de cría no monte na presentación do programa da feira, que inclúe por primeira vez carreiras de andadura

Muras celebrará o vindeiro 24 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez, Laura Peteiro de Puraga e Benigno Gómez da Asociación Atila, presentarono programa da feira, que pon en valor a actividade gandeira e promociona a carne de poldro e do gando de monte.

A tenente de alcalde, Paula Gómez, encargada da coordinación do programa da feira, destacou a importancia da gandeiría para o concello e agradeceu a colaboración de gandeiras e gandeiros, de Atila e de Puraga na organización da feira, que, comezará o sábado cunha degustación de carne e xogos rurais, a cargo de Atila, que pretende servir de premio e recoñecemento para todas as persoas que se involucran na organización da Feira.

O domingo, o recinto feiral, onde se concentra a compra venda de gando, abrirá ás 10.00 horas. O mercado prolongarase durante a mañá, con actividades paralelas como unha exhición de escultura de madeira con motoserra, un concurso morfolóxico de Puraga ou unha homenaxe á Asociación Atila, que con 200 persoas socias aglutina a paixón polo cabalo en Muras e na contorna. Durante a xornada, as máis pequenas e pequenas poderán disfrutar de actividades propias como bautismos hípicos.

Unha das novidades do programa son as carreiras de andadura, que se celebrarán durante a tarde, nas modalidaes serrada e chapeada. Tanto para as carreiras como para o concurso de animais requírese inscrición previa, no enderezo electrónico administracion@muras.gal ou a través da sede electronica do Concello de Muras. O prazo está aberto ata o o día 21, para as carreiras, e ata o 22, para o concurso de animais.

O deputado de Medio Rural valorou “a tradición desta feira gandeira que, ademais de xenerar unha actividade económica importante, supón unha  oportunidade para recoñecer o valor ambiental, social e cultural da gandería e dos sistemas tradicionais de cría no monte” e remarcou a “importancia da gandeiría extensiva para o equilibrio territorial e para unha produción alimentaria de calidade e proximidade”.