Deputación de Lugo

O Presidente recibe aos organizadores do Simposio Internacional de Odontoloxía que se celebrará na Ribeira Sacra coa colaboración da Deputación

colexio oficial odontólogos
Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos ao presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos, José María Suárez Quintanilla, e á presidenta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, María Núñez Otero. Un encontro no que abordaron os detalles do Simposio Internacional de Odontoloxía que terá lugar na Ribeira Sacra os días 20 e 21 de outubro.

“É unha oportunidade moi boa para que xente de toda España poida achegarse a coñecer a nosa provincia”, sinalou o Presidente, que trasladou os parabéns aos organizadores da iniciativa, que xa conta con máis de 130 inscritos. A cita reunirá a profesionais e estudantes do sector no hotel Áurea Palacio de Sober nun encontro no que, ademais de charlas e conferencias, os participantes terán tamén a oportunidade de coñecer a comarca coa visita dunha bodega e unha viaxe nun dos catamaráns da Deputación.