
DOCUMENTO DESTACADO

Proxecto de Museo Provincial de Lugo, 1950. Sig. AXDL 1-2-PL2.2
Manuel Gómez Román (Vigo, 1876-1964) foi un dos arquitectos galegos máis importantes da primeira metade do século XX. Comezou en Vigo cun estilo ecléctico e modernista, do que é exemplo o Edificio Mülder, e foi evolucionando cara a un rexionalismo que buscaba unha linguaxe propia, inspirada sobre todo no románico e no barroco compostelán.
O seu compromiso con Galicia non foi só estético. Foi secretario do Partido Galeguista e ingresou na Real Academia Galega.
En Lugo deixou obras tan representativas como o Palacete de Santo Domingo e o Colexio Fingoi, ademais da ampliación do Museo Provincial. A esta etapa pertence o documento que presentamos este mes: o debuxo do Proxecto de Museo Provincial de Lugo: atrio entrada (1950).
O proxecto propoñía conservar partes do antigo convento de San Francisco, como o claustro, e engadir un edificio novo inspirado nos pazos galegos, cunha torre e un portal que enlazan con esa tradición civil galega.