Vicepresidencia impulsa unha conferencia sobre mulleres e ciencia para estudantado galego
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-12/D%C3%ADa%20da%20Ciencia%20en%20Galego%20%282%29.jpg)
Vicepresidencia da Deputación de Lugo acolleu no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a conferencia “Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable”. No marco da programación con motivo do día da Ciencia en Galego, Igaciencia organiza esta actividade destinada a estudantado de educación secundaria co obxectivo de dar a coñecer a relación entre ciencia, mulleres e tecnoloxía.
A doutora en Química e premio UVIGUALA da Universidade de Vigo, Mari A. Lires, impartiu esta testemuña na que participaron máis de 150 alumnos e alumnas do IES Ollos Grandes de Lugo, do IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, do Ánxel Fole de Lugo, do CPR Plurilingüe A Inmaculada, tamén de Lugo, e do IES Pluringüe San Rosendo de Mondoñedo.
A deputada de Cultura e Normalización Lingüística, Iria Castro, destacou o valor de dar a coñecer “o traballo de mulleres que cambiaron ou melloraron a historia coas súas disciplinas científicas. Para o estudantado, e principalmente para o estudantado feminino, é necesario escoitar a mulleres que inspiren e que deixen ver que os teitos de cristal poden romperse”.